Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

Xornada Virtual de Portas Abertas da UDC - xoves 8 de abril

Imagen
  A Universidade da Coruña (UDC) solicita a nosa colaboración para difundir esta información entre o alumnado do Centro, para que participedes activamente nesta Xornada Virtual:      O vindeiro xoves 8 de abril celebraremos unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a nosa ampla oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/ , en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams. Manteremos vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama e Coñecemento, seguindo o seguinte esquema: a. Perfil de ingreso b. Por que estudar este Grao na UDC c. Contido da titulación d. Saídas profesionais e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s. O alumnado poderá:   *   Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin t

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC DO 7 AO 13 DE ABRIL DE 2022

Imagen
ENCONTROS VIRTUAIS DA USC,  DO 7 AO 13 DE ABRIL DE 2022 (Atención! É moi interesante e é para esta Semana Santa) Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos Formativos de Grao Superior.   Dende a USC esperan, e nós tamén, que estas datas permitan que os e as estudantes poidan conectarse con mais facilidade.   A páxina de entrada é :   https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais   Dende a USC están actualizando as páxinas dos Encontros cos enlaces para  que o estudantado poida conectarse por videoconferencia  cos responsables e estudantes das titulacións  para resolver as súas dúbidas sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela . Conéctate!! ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC - Poderedes participar dende o voso ordenador, móbil...   Os días 23, 24 e 25 de marzo do 2021, martes, mércores e xoves da próxima semana terán lugar os Encontros Virtuais na Zona USC dirixidos ao estudantado de Ensino Medio. A pesar da situación na qu