AUTOORIENTACIÓN 3º E 4º DE ESO

TOMA DE DECISIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL  (VOCACIONAL)
Á hora de decidir que estudiar, que opcións tomar a continuación, temos que reflexionar sobre nós mesmos: que me gusta e que non me gusta, que se me da mellor, cales son as miñas aficións, valores, personalidade, intereses, aptitudes... Tamén temos que ter en conta as opcións realistas que temos, e escoller a que nos fai máis feliz. Partindo da nosa vocación é máis doado ter éxito na vida e ser máis competitivo. Non nos importará "poñer toda a carne no asador": estudar moitas horas, explorar opcións dentro da elección realizada, adicar horas ao noso traballo... se escollemos estudar o que máis nos gusta. Innovar, desenvolver toda a nosa creatividade, ou ser moi competitivos a nivel laboral será doado, xa que isto só se consegue adicándolle moitas horas ao estudo ou á profesión, e pasarémolo ben facéndoo, grazas a boa elección realizada.
O que non podemos é escoller pensando en éxitos alleos, tendo a outros coma modelos a seguir. Non se trata de replicar os éxitos de outros, senón en confiar en nós mesmos e na nosa capacidade exitosa de elección. Nun mundo cambiante coma o noso o futuro, máis ca nunca, non está escrito, e o verso "camiñante non hai camiño, faise camiño ao andar" é de plena actualidade. Ademáis, a versatilidade do sistema educativo, a posibilidade de complementar estudos con campos afíns con Másteres, Posgraos, prácticas, intercambios... fai que o teu itinerario poida ser totalmente personalizado. Así que coñécete e confía en ti! E recorda que os demáis (nais, pais, orientadora, profesorado en xeral, amigos) estamos para acompañarte e apoiarte na elección, que só a ti pertence.

A continuación vou a amosarvos un vídeo que espero que sexa motivador para vós sobre a decisión vocacional:


A continuación presentámosvos un PROGRAMA DE AUTOORIENTACIÓN para que vos axude a coñecervos mellor, paso imprescindible, para unha boa elección académica e profesional. Deixamos aquí o enlace:


Este caderno foi elaborado polo orientador do Centro IES ULIA FIDENTIA DE MONTEMAYOR


 

 

Entradas populares de este blog

AUTOORIENTACIÓN 2º DE BAC - EL ORIENTA

INTELIGENCIA EMOCIONAL Y MUNDO LABORAL