Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

AUTOORIENTACIÓN 3º E 4º DE ESO

Imagen
TOMA DE DECISIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL  (VOCACIONAL) Á hora de decidir que estudiar, que opcións tomar a continuación, temos que  reflexionar sobre nós mesmos : que me gusta e que non me gusta, que se me da mellor, cales son as miñas aficións, valores, personalidade, intereses, aptitudes... Tamén temos que ter en conta as  opcións realistas  que temos, e escoller a que nos fai máis feliz. Partindo da nosa vocación é máis doado ter éxito na vida e ser máis competitivo. Non nos importará "poñer toda a carne no asador": estudar moitas horas, explorar opcións dentro da elección realizada, adicar horas ao noso traballo... se escollemos estudar o que máis nos gusta. Innovar, desenvolver toda a nosa creatividade, ou ser moi competitivos a nivel laboral será doado, xa que isto só se consegue adicándolle moitas horas ao estudo ou á profesión, e pasarémolo ben facéndoo, grazas a boa elección realizada. O que non podemos é escoller pensando en éxitos alleos, tendo a outros coma modelo