O cerebro


"TODO ESTÁ NO CEREBRO"



Vídeo extraído de: YouTube


Imaxe extraída de: http://patriciavbpsicologa.blogspot.com.es/2014/09/el-cerebro-reptiliano.html









Imaxe extraída de: http://turello.com.ar/el-cliente-siempre-tiene-la-razon/


Imaxe extraída de: http://aigosumyeon.blogspot.com.es/2012/04/cerebro-triuno.html


Para saber máis da hipótese do cerebro triplo (triuno) clica aquí: https://es.wikipedia.org/wiki/Paul_MacLean

ou mira este interesantísimo vídeo:



Ing. Germán Ospino Nova. Licenza YouTube estándar
link: http://www.youtube.com/watch?NR=1&v=o4K7GY8nics&feature=endscreen



O CEREBRO REPTILIANO E O MEDO (ESCÉNICO, FOBIA SOCIAL...)

Adaptado e traducido por Montserrat Pérez Castiñeira de: http://www.psicologiazen.com.ar/2012/06/quieres-saber-de-donde-vienen-las.html 



 É a parte máis primitiva do noso cerebro, e está encargada da nosa supervivencia: ocúpase da nosa resposta de loita, parálise ou fuxida.

A parte máis nova do noso cerebro é o neocortex (ou neocortiza) e é o responsable do noso pensamento racional, consciencia, creatividade e fala.

O problema está en que o noso cerebro réptil dispara respostas 500 veces máis veloces ca un pensamento! E está moi preto aos químicos que xeran as nosas emocións. Asi que antes de que pensemos racionalmente sobre algo, xa estamos reaccionando!



Se estamos ante unha emerxencia, o noso cerebro réptil toma o mando e encárgase de protexernos cando as nosas necesidades básicas para sobrevivir están ameazadas.

Isto é tremendamente útil en situacións de vida ou morte. Pero non durante unha presentación, unha entrevista de traballo ou unha discusión no fogar...

O teu cerebro réptil non pode ver a diferenza entre o perigo real e o percibido. Se algo che fai sentir incómodo, o teu cerebro réptil vaise resistir e opoñerase a que te achegues a iso que che provoca angustia.

Por exemplo, tes unha entrevista de traballo. E comezas a sentirte nervioso. Cando é o teu turno e te presentas, sínteste paralizado e esváeste! Que sucedeu? O medo á entrevista foi moi real, e o teu cerebro réptil encargouse desa situación ameazante "desconectándote" (Cantas veces vemos que pasa isto en actos públicos, conferencias e cerimonias?).

Se nos sentimos ameazados (medo, ira, vinganza, fame, etc), o noso cerebro réptil faise cargo, xerando respostas de loita, fuxida ou parálise, a través de emocións como vergoña, medo, envexa, culpa. O pensamento racional vese reemplazado por crenzas negativas, e comezamos a dicirnos a nós mesmos cousas como:

 Sempre es un desastre para os cartos”
“Deberías terme escoitado e non telo intentado. Equivocácheste, que estúpido es!”
“¡Esta xente ódiate!”
“Quen te crees que es?”

As emocións como a vergoña fan que poñas unha lupa no que che sucede e deste xeito paralízate. O cerebro réptil xera estas voces na túa cabeza e comezas a crer que é certo o que din.

5 pasos para domar os pensamentos negativos do teu cerebro réptil


1.  Noméao: dalle un nome ao teu cerebro reptiliano. Imaxínao coma un personaxe. Fai un debuxo del e pono á vista como un recordatorio de que é unha parte do teu cerebro.
2.  Auto-consciencia: comeza a prestar atención sobre cando o teu cerebro réptil está ao mando. Fai unha listaxe das túas crenzas limitadoras e negativas. Cando te atopes con pensamentos de medo e angustia... presta atención!
      Podes usar un diario para ir escribindo as "mensaxes réptiles" (como as que usei como exemplo máis arriba). Aprenderás que simplemente é parte da túa bioloxía, e non unha tara da túa parte.
3.   Pon ao mando, de novo, ao teu neocórtex: cando sexas consciente de en que ocasións o teu cerebro réptil está ao mando, poderás recuperar o control a través do pensamento racional. Por iso é importante que aprendas a identificar e a redefinir as túas crenzas limitadoras.
4.   Síntete cómodo co incómodo: o teu cerebro réptil busca sempre facer que te sintas inseguro. Pero para medrar e ter éxito, necesitas pasar por cousas incómodas e afrontar os teus medos. Saír da túa zona de comodidade e seguridade trae o cambio e o crecemento.
5.   Entende o medo: é unha emoción poderosa. Mantívonos vivos como especie durante milleiros de anos. Pero hoxe en día é moito máis frecuente estar preocupado por que nos critiquen, ou por pensamentos intrusivos acerca do que pensamos que outros pensan de nós, que por que exista unha ameaza real.
      Para saír do círculo do medo, concéntrate no que queres lograr e emprende a acción.
Imaxe extraída de: http://adictamente.blogspot.com.es/2014/11/7-experimentos-cientificos-extremos.html


Para saber máis: https://es.wikipedia.org/wiki/Fobia_social

Imaxe extraída de: http://www.youbioit.com/es/article/informacion-compartida/20969/funciones-de-las-partes-del-cerebro


Entradas populares de este blog

AUTOORIENTACIÓN 2º DE BAC - EL ORIENTA

INTELIGENCIA EMOCIONAL Y MUNDO LABORAL