Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

Xornada Virtual de Portas Abertas da UDC - xoves 8 de abril

Imagen
  A Universidade da Coruña (UDC) solicita a nosa colaboración para difundir esta información entre o alumnado do Centro, para que participedes activamente nesta Xornada Virtual:      O vindeiro xoves 8 de abril celebraremos unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a nosa ampla oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/ , en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams. Manteremos vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama e Coñecemento, seguindo o seguinte esquema: a. Perfil de ingreso b. Por que estudar este Grao na UDC c. Contido da titulación d. Saídas profesionais e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s. O alumnado poderá:   *   Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin t

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC 23, 24 e 25 DE MARZO

Imagen
ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC - Poderedes participar dende o voso ordenador, móbil...   https://drive.google.com/file/d/1vkat0ccktHj_ga9-bxlrMalgzx_r2Gq-/view?usp=sharing  Os días 23, 24 e 25 de marzo, martes, mércores e xoves da próxima semana terán lugar os Encontros Virtuais na Zona USC dirixidos ao estudantado de Ensino Medio. A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non pode deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e, nesta ocasión, farao de forma virtual, a través da páxina Web da USC: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais Dende a páxina de entrada poderase enlazar coas páxinas dos centros (facultades e escolas). Nestas páxinas haberá vídeos explicativos da oferta da USC, así como das ABAU e do Acceso:  o Presentacións das titulacións  o Opinión dos estudantes sobre a titulación  o Pílulas relacionadas coa titulación  o Enlaces para conectarse por VIDEOCONFERENCIA con profe