FAMILIAS

 


“Xanela aberta á familia” e  “O ABC do consello alimentario na infancia”

A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.

    Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.

    Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos

Para máis información:



Dende o Instituto ou Colexio e dende a casa pódense traballar cos rapaces as habilidades sociais e as estratexias de resolución de conflitos para que diminúan a impulsividade, ira e ansiedade, toda vez que melloran a súa asertividade e as súas habilidades para o autocontrol. Así aprenderán a convivir con outros, a interiorizar un método para resolver os problemas/conflitos que xurden na vida cotiá, e a mellorar a súa relación consigo mesmos.
Benqueridas familias

Déixovos un enlace sobre como educar as emocións. A intelixencia emocional na infancia e na adolescencia.  Trátase dun libro coordinado por Rafael Bisquerra, Catedrático de Orientación Psicopedagóxica da Universitat de Barcelona, Director do Máster en Educación Emocional e Benestar, e do Máster en Intelixencia Emocional nas Organizacións da UB, e Patrono da  Fundación Eduardo Punset. Recoméndovos de xeito especial o contido que se atopa entre as páxinas 36 e 43: "Educar con inteligencia emocional en la familia"
Xa que a vivencia de emocións positivas pode traernos, entre outros, estos beneficios: diminución da presión sanguínea, mellor resposta inmunitaria, axustados niveis de estrés (digo axustados porque un nivel de estrés é necesario para acadar o nivel óptimo de alerta, incrementar a concentración, mellorar a capacidade de aprendizaxe e aumentar a memoria), diminución da dor, mellora do estado de ánimo e do sentido do humor... Paga a pena intentalo! Neste enlace hai actividades concretas para realizar cos vosos fillos e fillas para  contribuir á mellora da súa conciencia emocional, empatía e regulación emocional

Entradas populares de este blog

AUTOORIENTACIÓN 2º DE BAC - EL ORIENTA

INTELIGENCIA EMOCIONAL Y MUNDO LABORAL