(Atención! É moi interesante e é para esta Semana Santa)
Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos Formativos de Grao Superior.
Dende a USC esperan, e nós tamén, que estas datas permitan que os e as estudantes poidan conectarse con mais facilidade.
A páxina de entrada é: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
Dende a USC están actualizando as páxinas dos Encontros cos enlaces para que o estudantado poida conectarse por videoconferencia cos responsables e estudantes das titulacións para resolver as súas dúbidas sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Conéctate!!
ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC - Poderedes participar dende o voso ordenador, móbil...
Os días 23, 24 e 25 de marzo do 2021, martes, mércores e xoves da próxima semana terán lugar os Encontros Virtuais na Zona USC dirixidos ao estudantado de Ensino Medio.
A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non pode deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e, nesta ocasión, farao de forma virtual, a través da páxina Web da USC:
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
Dende a páxina de entrada poderase enlazar coas páxinas dos centros (facultades e escolas). Nestas páxinas haberá vídeos explicativos da oferta da USC, así como das ABAU e do Acceso:
o Presentacións das titulacións
o Opinión dos estudantes sobre a titulación
o Pílulas relacionadas coa titulación
o Enlaces para conectarse por VIDEOCONFERENCIA con profesorado e estudantado de cada titulación.
A través dese enlace o estudantado poderá falar por VIDEOCONFERENCIA con responsables e estudantes da titulación para aclarar as súas dúbidas. En cada enlace figurarán os horarios de cada unha destas videoconferencias.
A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.
Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda máis nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.
ACTO INAUGURACIÓN
Martes, 23 de marzo, de 12:00 a 13:00h
Inauguración polo reitor da USC
Conferencia:
Angel Carracedo (catedrático de Medicina Legal de la USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica(SERGAS) e do Centro Nacional de Genotipado)
Título: Proxectos e ilisións (Proxectos e ilusións do Profesor Ángel Carracedo)
Conexión:
https://youtu.be/Ud4m4xNhJ7c
Canle Youtube da USC:
https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC
ACTO CLAUSURA
xoves, 25 de marzo, de 18:00 a 19:00h.
Conferencia:
Erica Esmorís (Escritora e Veterinaria)
Título: Non hai punto e final. (elexir unha carreira e formación é importante pero non determinante ao longo dunha vida profesional)
Clausura polo reitor da USC
Conexión:ENLACE