Entradas

ENCONTROS VIRTUAIS USC OS DÍAS 14 E 15 DE ABRIL

 Está actualizada a web con todas as videoconferencias dos  Encontros Virtuais na Zona USC  que terán lugar os días  14 e 15 de abril Na seguinte ligazón tedes un cronograma cos horarios de todas as videoconferencias dos Graos da USC:  Ligazón pdf cronograma A páxina de acceso ós encontros para acceder a cada videoconferencia é  https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais Na mesma, para cada estudo de Grao, haberá unha ligazón a unha videoconferencia, coa data e hora na que terá lugar, que estará atendida por profesorado do centro. O estudantado poderá facer as súas consultas intervindo na mesma ou, se o prefire, utilizando o chat. Non tendo que intervir necesariamente se non o desexa.

BECAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA ESTUDIAR ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS

 Se o curso próximo vas estudar:     1.  Na FP,  tanto nun ciclo básico (FP básica) coma medio ou superior,      2.  No Bacharelato     3. Na Universidade     4. Na EOI   5. Noutras ensinanzas que podes consultar : https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html Consulta o enlace que che amoso e valora a presentación da beca xa que é un incentivo económico que pode ser moi importante en función da renda familiar e de aspectos académicos. Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO  dende o 24 de marzo de 2025 ás 08:00 hasta o 14 de maio de 2025 ás 15:00 horas

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE - PAU - TÁBOAS DE PONDERACIÓN

 Déixovos aquí dous enlaces coas táboas de ponderación para o acceso á Universidade, que agora se chama PAU. Como sabedes estas táboas de ponderación aplícanse para a fase específica, que é voluntaria, que depende da carreira á que desexedes acceder, e que serve para subir nota: para chegar á cualificación de 14 . Coa fase obrigatoria da PAU que pondera un 40% máis o 60% da nota do Bac só se pode chegar ao 10.  A mesma nota que é posible acadar cursando un ciclo de FP de Grao Superior. 1. A primeira é para o acceso á Universidade no curso 2025/2026 , é dicir será tida en conta para esta convocatoria de xuño-xullo. Vemos que hai modificacións importantes para entrar, por exemplo, en Mediciña. 2. A segunda é para o acceso á Universidade no curso 2026/2027 . Serviralle ao alumnado que agora se atopa en 1º de Bac.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA A SOLICITUDE DE BECAS - CURSO 2024-2025

  BECAS 2024/2025 .  Clicando no enlace podes informarte das Becas para estudar no próximo curso: requisitos xerais, académicos e económicos (inflúe a renta con especificación de 3 umbrais e tamén o partrimonio familiar).  Texto completo de la convocatoria general para el curso 2024-2025 para estudios postobligatorios (cuando se publique). Real Decreto 201/2024, de 27 de febrero , por el que se establecen los umbrales de renta y patrimonio familiar y las cuantías de las becas y ayudas al estudio para el curso 2024-2025. O  O prazo para solicitar beca remata o 10 de maio de 2024 .

AXUDAR A DISCERNIR A CARREIRA PROFESIONAL DOS NOSOS FILLOS/AS

Déixovos o enlace a un obradoiro organizado pola ANPA do noso Instituto:  Axudar a discernir a carreira profesional dos nosos fillos/as . Neste enlace podedes ver as temáticas que se tratarán no mesmo. Este mércores día 13 de marzo, de 17:30 a 19:00 horas, terá lugar o primeiro obradoiro dunha serie deles sobre ferramentas de axuda a pais e nais para apoiar aos fillos na toma de decisións..

AUTOORIENTACIÓN 3º E 4º DE ESO

Imagen
TOMA DE DECISIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL  (VOCACIONAL) Á hora de decidir que estudiar, que opcións tomar a continuación, temos que  reflexionar sobre nós mesmos : que me gusta e que non me gusta, que se me da mellor, cales son as miñas aficións, valores, personalidade, intereses, aptitudes... Tamén temos que ter en conta as  opcións realistas  que temos, e escoller a que nos fai máis feliz. Partindo da nosa vocación é máis doado ter éxito na vida e ser máis competitivo. Non nos importará "poñer toda a carne no asador": estudar moitas horas, explorar opcións dentro da elección realizada, adicar horas ao noso traballo... se escollemos estudar o que máis nos gusta. Innovar, desenvolver toda a nosa creatividade, ou ser moi competitivos a nivel laboral será doado, xa que isto só se consegue adicándolle moitas horas ao estudo ou á profesión, e pasarémolo ben facéndoo, grazas a boa elección realizada. O que non podemos é escoller pensando en éxitos alleos, tendo a outros co...

3º DA ESO - ACTIVIDADE DIRIXIDA Á PREVENCIÓN DE VIOLENCIAS SEXUAIS

Imagen
Actividade en coordinación coa ANPA do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes. Dirixida ao alumnado de 3º da ESO Data: 29 de xaneiro, lúns. Horarios: 3º C ás 12:00                    3º D ás 12:50 Nos grupos de 3º A e de 3º B, a actividade farase no terceiro trimestre. Sería bo que, trala chara, aproveitarades as familias para falar desta temática na casa