Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Probas de acceso aos ciclos de FP de grao medio e de grao superior

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 10 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido:

- Ás 9.00 horas: presentación.
- Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
- Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 11 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de…

Guía para familias e profesorado de convivencia, habilidades sociais e resolución de conflitos

Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020 de Montserrat Pérez Castiñeira O obxectivo desta presentación é que sirva de guía tanto para familias como para profesores titores. Con este material teórico-práctico, e dende a intelixencia emocional é posible axudar ao alumnado a que se coñeza, se regule, se motive, adquira empatía e mellore a súa asertividade, autoestima e habilidades sociais. Dende o Instituto ou Colexio e dende a casa pódese traballar cos rapaces para que diminúan a impulsividade, ira e ansiedade, toda vez que melloran a súa asertividade e as súas habilidades para o autocontrol. Así aprenderán a convivir con outros, a interiorizar un método para resolver os problemas/conflitos que xurden na vida cotiá, e a mellorar a súa relación consigo mesmos.

Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU)

Imagen
A CIUG publica na súa páxina web:- Modelos de exame ABAU 2020- Convocatoria: datas, horario, sedes das Comisións Delegadas, instruccións para o alumnado, o vídeo explicativo sobre a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) que tedes embebido máis arriba.- Estrutura da ABAU- Método de cualificación: sistema de cualificación e nota de admisión, solicitude de revisión e como subir nota.- Alumnado con necesidades específicas de apoio educativoCorrección exames DislexiaProcedementoNormativaSolicitude de adaptación nas probas de avaliación de bacharelato para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo- Exames e materias:Exames anos anteriores Materias obxeto de exame nas ABAU Troncais Xerais: Historia de EspañaLingua Castelá e LiteraturaLingua Galega e LiteraturaAlemánFrancésInglésItalianoPortuguésTroncais de Modalidade Matemáticas IILatín IIMatemáticas AplicadasFundamentos da Arte2ª lingua Estranxeira AlemánFrancésInglésItalianoPortuguésCiencia e …

Restablecemento do procedemento de admisión curso 20/21

Imagen
Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021 Xúntase a Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021.
Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes de admisión(1) Restablecer o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na apli…

Guías de Información académica e profesional 19/20

Imagen
Guías de Información académica e profesional 19/20
Estimado alumnado e familias
As orientadoras do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes achegámosvos dúas guías de Orientación que esperamos sexan do voso interese:
A primeira: Información académica bacharelato Ofrece información sobre a optatividade no Bac, sobre as materias que ponderan para o acceso ao grao desexado, sobre as notas de corte no SUG, sobre a ABAU, sobre os ciclos formativos de grao superior e o acceso, dende os mesmos, á Universidade, sobre as ensinanzas especiais, sobre as universidades en España... É especialmente útil para o alumnado de 4º da ESO, para axudarvos a escoller a modalidade de Bacharelato e as optativas más axeitadas en función das vosas características persoais (autocoñecemento) e do que tedes pensado estudiar ao rematar o Bacharelato. No mesmo sentido é conveniente para o alumnado de 3º da ESO, para realizar un itinerario en 4º acorde coa modalidade de Bac que pensades estudiar. Por suposto é de utilidade pa…