Guías de Información académica e profesional 19/20

Guías de Información académica e profesional 19/20

Estimado alumnado e familias

As orientadoras do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes achegámosvos dúas guías de Orientación que esperamos sexan do voso interese:

A primeira: Información académica bacharelato Ofrece información sobre a optatividade no Bac, sobre as materias que ponderan para o acceso ao grao desexado, sobre as notas de corte no SUG, sobre a ABAU, sobre os ciclos formativos de grao superior e o acceso, dende os mesmos, á Universidade, sobre as ensinanzas especiais, sobre as universidades en España... É especialmente útil para o alumnado de 4º da ESO, para axudarvos a escoller a modalidade de Bacharelato e as optativas más axeitadas en función das vosas características persoais (autocoñecemento) e do que tedes pensado estudiar ao rematar o Bacharelato. No mesmo sentido é conveniente para o alumnado de 3º da ESO, para realizar un itinerario en 4º acorde coa modalidade de Bac que pensades estudiar. Por suposto é de utilidade para aqueles que vos atopades estudiando o Bacharelato e precisades dunha información concreta. Hai que ter en conta que a guía rematouse antes de que fixera a súa aparición este virus, que nos ten a todos confinados e replantexándonos moitas cousas das nosas vidas, así que en canto a ABAU hai que mirar as disposicións que saíron para o presente curso.

A segunda: Orientación 6º de Educación Primaria Ofrece información sobre optatividade en 1º e 2º da ESO, sobre a importantísima labor titorial, sobre medidas de atención ao alumnado con necesidades educativas especiais, sobre os criterios de avaliación e de promoción... É especialmente útil no tránsito de Educación Primaria á Educación Secundaria.