IGUALDADE

Fermosa palabra, igualdade, pero anque pareza incríble ainda temos que loitar por ela.

A profesora Margarita María Rodríguez Yañez elaborou co seu alumnado de 4º de ESO da materia de Latín un cómic precioso sobre mulleres na historia. En concreto sobre Hipatia de Alexandría. Déixovos o enlace para que o vexades: https://drive.google.com/file/d/1NM1fXqfoa0yy786DAO9jGGHB9kDfaXMs/view?usp=sharing

Dende o día 2 de abril e ata á volta de vacacións de Semana Santa temos nos corredores da pranta baixa do noso Instituto a seguinte exposición:


Aproveitade para vela, tanto pola vosa conta como co voso titor ou titora. Seleccionando unha das obras realizade unha descrición e un análise/interpretación do que vedes. Despois expoñédeo ó voso grupo cando volo prantexen en titoría. De seguro que nos vai servir para reflexionar sobre moitas cousas que vivimos de cotío.


Déixovos o enlace a un vídeo que me pasou a profe de Galego Cristina Soto Sánchez-Guisande, que é revelador dos comportamentos machistas que sofren os máis novos hoxe en día, e da necesidade de colaborar todos e todas na súa erradicación. Colabora!!

¡Ah! bueno... estás para el secuestro...

Entradas populares de este blog

PRESENTACIÓN PARA TITORÍA. Programa de Resolución de conflitos dende a intelixencia emocional

Guías de Información académica e profesional 19/20