A
autoorientación en tempos de confinamento por Covid-19 pode ser un
recurso valioso, e non só para agora, senón para dotarnos a longo prazo
de estratexias que nos permitan ser autónomos buscando información e
utilizándoa no noso proxecto de vida.
É certo que a falta de acompañamento profesional directo pode ser un
hándicap, pero á vez pode ser un acicate para aprender novas estratexias
na vida. Os momentos de crise, ben aproveitados, poden ser unha
oportunidade valiosa para aprender parándonos a pensar cales son as
nosas prioridades e reinventándonos. Nas nosas máns está aproveitala ou
deixala pasar e incluso caer no desánimo. Eu espero que isto último non
vos pase e que á volta me contedes con ilusión o que aprendestedes neste
período de confinamento, e o que descubristedes de vós mesmos. Canto
mellor sexa o voso autocoñecemento, mellor será a vosa elección
académica e profesional, e a vosa adaptación no resto de eidos da vida:
persoal (con vós mesmos), social (familiar, amizades, escolar...)...
Por todo isto déixovos una serie de recursos para a autoorientación. Xa sabedes que o autocoñecemento é
un dos pilares fundamentais na Orientación. Os outros dous son a
información académica e profesional e a toma de decisións. Así que vos
deixo unha lista de recursos para cada unha das fases, e tamén para as
vosas familias. Elixide os vosos e elaborade o voso proxecto vocacional e
de vida clicando aquí.
AUTOORIENTACIÓN 3º E 4º DE ESO
TOMA DE DECISIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL (VOCACIONAL) Á hora de decidir que estudiar, que opcións tomar a continuación, temos que reflexionar sobre nós mesmos : que me gusta e que non me gusta, que se me da mellor, cales son as miñas aficións, valores, personalidade, intereses, aptitudes... Tamén temos que ter en conta as opcións realistas que temos, e escoller a que nos fai máis feliz. Partindo da nosa vocación é máis doado ter éxito na vida e ser máis competitivo. Non nos importará "poñer toda a carne no asador": estudar moitas horas, explorar opcións dentro da elección realizada, adicar horas ao noso traballo... se escollemos estudar o que máis nos gusta. Innovar, desenvolver toda a nosa creatividade, ou ser moi competitivos a nivel laboral será doado, xa que isto só se consegue adicándolle moitas horas ao estudo ou á profesión, e pasarémolo ben facéndoo, grazas a boa elección realizada. O que non podemos é escoller pensando en éxitos alleos, tendo a outros co...