BECAS E AXUDAS PARA A ESO, O BACHARELATO E A FP


Estimado alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, as orientadoras do Centro, Rocío e Montse, preparamosvos este resumo sobre becas e axudas. Esperamos que as aproveitedes ao máximo!

AXUDAS PARA O ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

Convocatoria ano 2020: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30366
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 26 de Marzo de 2020.
Actualmente o prazo de presentación de solicitudes está en suspenso polo estado de alarma.
Presentación de solicitudes: https://www.edu.xunta.es/axudasle/
Período de realización destas actividades: última semana de xuño ata finais de agosto.
Requisitos:
Estar cursando, no réxime xeral, a ESO ou o Bacharelato.
Ter superadas todas as materias no curso 2018/2019.
Ter acadado no curso 2018/2019 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de Educación Primaria para o alumnado de 1º de ESO, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de ESO e de Bacharelato na materia de Lingua Extranxeira que se vei perfeccionar na estadía.
Para as actividades de integración, estar matriculado no curso 2019/2020 nun centro de redes plurilingües.
Non ter concedida , no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiarios, recollidas na Lei 9/2007, de 3 de xuño, de subvencións de Galicia.
Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
O custo total de cada actividade inclúe:
No caso de actividades que se van a realizar no extranxeiro, os gastos da viaxe desde os puntos de saída dos diferentes grupos.
Os/as monitores/as que acompañarán ao alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
Os gastos de docencia e de material escolar.
As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
Os gastos de mantenza e aloxamento.
O certificado de realización da actividade.
O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

AXUDAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES FORMATIVAS STEM EN LINGUA INGLESA (STEMWEEK)

Convocatoria do 2020: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30533
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 14 de marzo de 2020 ata o 13 de abril de 2020.
Actualmente o prazo de presentación de solicitudes está en suspenso polo estado de alarma.
Presentación de solicitudes: https://www.edu.xunta.es/axudasst/
Período de realización destas actividades:
1ª quenda: 16-22 de agosto de 2020
2ª quenda: 23-29 de agosto de 2020
Requisitos:
Estar cursando 3º ou 4º de ESO durante o curso 2019/2020 en Galicia.
Ter superadas todas as materias no curso 2018/2019.
Ter acadado no curso 2018/2019 unha cualificación mínima de 6 na materia de Inglés.
Non ter concedida, no presente curso, outra axuda coa mesma finalidade.
Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiarios, recollidas na Lei 9/2007, de 3 de xuño, de subvencións de Galicia.
Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
O custo de cada actividade inclúe:
Os/as docentes que acompañarán ao alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
Os gastos de docencia e de material escolar.
As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
Os gastos de mantenza e aloxamento.
O certificado de realización da actividade.
O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDAE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Última convocatoria: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2019-33445
Prazo de presentación de solicitudes: Por norma xeral, entre finais de xullo e finais de setembro.
Modalidades:
Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduca.
Axudas para programas complementarios a alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.
Destinatarios:
Alumnado escolarizado en centros educativos que acrediten a necesidade específica de apoio educativo e reúnan os requisitos establecidos.
Máis información:
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html

BECAS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

Última convocatoria:
http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2019-2020/estudios-no-universitarios.html
Prazo de presentación de solicitudes: Por norma xeral, de principios de agosto a primeiros de outubro.
Niveis educativos aos que están destinadas:
Formación Profesional Básica.
Bacharelato.
Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior.
Ensinanzas Artísticas Profesionais.
Ensinanzas Deportivas.
Ensinanzas Artísticas Superiores.
Ensinanzas de Idiomas en Escolas Oficiais, incluida a modalidade a distancia.
Requisitos xerais:
Ser español ou poseer a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea.
Non ter no momento de solicitude da beca un título de nivel igual ou superior ao solicitado.
Reunir o resto de requisitos académicos e económicos especificados na convocatoria.
Máis información:
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/varios/informacion-y-consultas-electronicas.html
910 837 937 (de luns a venres de 09:00 a 17:30 horas)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 
Enlace á aplicación: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Presentación de solicitudes: Por norma xeral, entre principios de maio e mediados de xuño
Niveis educativos aos que están destinados:
Educación Infantil
Educación Secundaria Obrigatoria
Educación Especial
Más información: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
 
PROGRAMA DE BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

Enlace á páxina web: https://becas.faortega.org/
O programa convoca 600 becas (100 para estudantes de Galicia) dirixidas a estudantes de 4º de ESO, para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos.
Datas da convocatoria: Por norma xeral, a presentación de solicitudes realízase entre setembro e outubro.
Requisitos:
Estar cursando 4º de ESO
Nota media de 7 en 3º de ESO.
Nota mínima de 7 na materia de Inglés de 3º de ESO ou no idioma alternantivo no caso de non cursar Inglés.
Estar en posesión do DNI e/ou pasaporte.
A beca inclúe:
Viaxe de ida e volta á localidade extranxeira de destino
Tasas de escolarización e matrícula nun instituto público.
Aloxamento e manutención na familia de acollida.
Seguro médico e de accidentes.
Convalidación do curso académico.
Pequena asignación mensual para custos menores.
Máis información:
Teléfono: 900 103 651
Correo: info@becas.faortega.org
 
BECAS EUROPA

Información: https://www.becaseuropa.es/
Prazos de presentación: Por norma xeral, entre xaneiro e marzo.
Destinatarios: Alumnado que curse 1º de Bacharelato no momento da convocatorias das becas.
Consisten nunha viaxe por Europa, visitando as principais Universidades e participando nun programa de conferencias, encontros con personalidades d mundo académico, político e cultural e participando en actividades de lecer e tempo libre.

  AXUDAS ECONÓMICAS PARA FCT E FP DUAL

  Pola Orde do 6 de maio de 2019 convocábanse axudas económicas para o alumnado que realizaba formación práctica en centros de traballo ou FP Dual. Isto nos da unha idea de cando se poden publicar as do curso actual.
 
Axudas convocadas:
Modalidade A: Axudas para FCT en FP de grao básico, medio, superior, ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas, programas formativos e FP dual dentro do territorio español. 
Modalidade B: Axudas para FCT en FP de grao básico, medio, superior, ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas, programas formativos e FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

Requisitos:
  1. Estar matriculado en centros públicos desta Comunidade Autónoma ou ensinanzas concertadas coa Conselleria de Educación, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de Formación Profesional, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas, Programas Formativos ou FP Dual.
  2. Rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2019.
  3. Ver exclusións no artigo 7 da orde do 6 de maio. 
As solicitudes e os seus anexos preséntanse no centro educativo e establécense dous prazos:
1. O primeiro prazo: 31 días naturais contados a partir do 21 de maio de 2019, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2018-marzo 2019, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2019. O alumnado de FP Dual acollerase a este prazo.
O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.
2. O segundo prazo: será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2019 para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2019. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral e remate despois do 31 de decembro de 2019 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

Remuneración:
a) Alumnado que realice a FCT ou FP Dual dentro do territorio español: 
1) En Galicia: Ata un máximo de 300 € 
2) Fóra de Galicia: Percibirán unha cantidade fixa de 200 €.
b) Alumnado que realice a FCT fóra do territorio español: dende 72 euros ata 150 por semana, segundo o país de destino (ver Orde de 6 de maio).
Documentación:
  • Solicitude normalizada -  anexo I desta orde.
  • Declaración do enderezo de residencia durante o período de realización da FCT ou de FP Dual - anexo II desta orde.
  • Fotocopia do DNI en caso de non dar consentimento para a comprobación de datos. 


Entradas populares de este blog

AUTOORIENTACIÓN 2º DE BAC - EL ORIENTA

INTELIGENCIA EMOCIONAL Y MUNDO LABORAL