https://reforzoludico.blogspot.com/
Ola familias e alumnado do programa Refórza-T. Déixovos o enlace ao Blog que para o alumnado deste programa, no noso Centro, elaborou a miña compañeira Ana López. Espero que aproveitedes para repasar, aprender e mellorar as vosas competencias de xeito lúdico. O enlace ao blog é:
https://reforzoludico.blogspot.com/
Entrade! Estaredes ledos de facelo!! A continuación copio e pego o que a profesora Ana escribe na páxina principal:
https://reforzoludico.blogspot.com/
Entrade! Estaredes ledos de facelo!! A continuación copio e pego o que a profesora Ana escribe na páxina principal:
miércoles, 1 de abril de 2020
Hola
a todos e todas, espero que todo esté indo ben. Estos días tedes que
ser máis responsables ca nunca xa que debedes organizarvos e ser
constantes coas vosas rutinas. O meu consello é que sigades có horario
que tiñades no insti traballando có que os mandan os profes máis facendo
repasos do que xa traballastes na aula.
Esta
situación é extraña para todos nós, a primeira vez que sucede algo así e
polo tanto andamos bastante perdidos e incluso asustados, é normal.
Aínda así temos que sacar forzas e seguir para adiante, porque todo
volverá á normalidade e temos que estar en forma para retomar a vida
cotiá, tanto as clases presenciais coma as actividades de lecer, sobre
todo ao aire libre que tanto votamos de menos neste confinamento.
Neste
blog irei colgando actividades de repaso variadas e diferentes enlaces
de páxinas e xogos que vos poden gustar, votade un ollo.
Gustaríame
tamén recordarvos que as pantallas non son boas, e xa bastante as
usades para estudar estes días, evitade xogar a videoxogos e ver
demasiada TV.
Nobstante
debedes comer san e facer algo de exercicio na casa, hai moitos vídeos
de rutinas de yoga, zumba, abdominais, etc. en youtube , e lede, lede
moito, libros en galego, castelán e inglés.Como xa sabedes o cerebro é
un músculo que tamén precisa traballar.
Espero
volver a ter clase con todos vós moi pronto, apuntade os temas que
queirades traballar. Tamén podedes poñervos en contacto comigo se
queredes comentar dúbidas ou falar de calquer cousa, nesta dirección de
correo electrónico: anniloma32@gmail.com
Pertas grandes virtuais e moito ánimo!
Ana.
Ana.