SESIÓNS DE VIDEOCONFERENCIA E VIDEOCHAT USC

Inicio

A Oficina de Información Universitaria desenvolverá dende o mércores 22  de Abril e mentres dure a actual situación de confinamento, sesións de videoconferencia para responder ás dúbidas do alumnado preuniversitario en relación a cuestións sobre o acceso a titulacións de grao. A sesión de videochat desenvolverase todos os mércores entre as 10.00 e as 14.00 horas e, xa en quenda de tarde, dende as 16.00, ata as 19.00 horas.
Para participar no videochat, debe premerse nesta ligazón.  Ao abrirse o navegador, se non se ten instalado Teams, debe elixirse a opción “Unirse por Internet no seu lugar”. Na seguinte xanela, hai que premer en “Unirse agora”. Para poder comunicarse, é necesario activar o micrófono e a cámara ou escribir no chat.

Entradas populares de este blog

AUTOORIENTACIÓN 2º DE BAC - EL ORIENTA

INTELIGENCIA EMOCIONAL Y MUNDO LABORAL