ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC DO 7 AO 13 DE ABRIL DE 2022

(Atención! É moi interesante e é para esta Semana Santa)


Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos Formativos de Grao Superior.

 

Dende a USC esperan, e nós tamén, que estas datas permitan que os e as estudantes poidan conectarse con mais facilidade.

 

A páxina de entrada é: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 

Dende a USC están actualizando as páxinas dos Encontros cos enlaces para que o estudantado poida conectarse por videoconferencia cos responsables e estudantes das titulacións para resolver as súas dúbidas sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.


Conéctate!!




ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC - Poderedes participar dende o voso ordenador, móbil...

 



Os días 23, 24 e 25 de marzo do 2021, martes, mércores e xoves da próxima semana terán lugar os Encontros Virtuais na Zona USC dirixidos ao estudantado de Ensino Medio. A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non pode deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e, nesta ocasión, farao de forma virtual, a través da páxina Web da USC: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

Dende a páxina de entrada poderase enlazar coas páxinas dos centros (facultades e escolas). Nestas páxinas haberá vídeos explicativos da oferta da USC, así como das ABAU e do Acceso:
 o Presentacións das titulacións
 o Opinión dos estudantes sobre a titulación
 o Pílulas relacionadas coa titulación
 o Enlaces para conectarse por VIDEOCONFERENCIA con profesorado e estudantado de cada titulación. 
 A través dese enlace o estudantado poderá falar por VIDEOCONFERENCIA con responsables e estudantes da titulación para aclarar as súas dúbidas. En cada enlace figurarán os horarios de cada unha destas videoconferencias. 
     A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital. Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda máis nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.

ACTO INAUGURACIÓN

Martes, 23 de marzo, de 12:00 a 13:00h

Inauguración polo reitor da USC

Conferencia:

Angel Carracedo (catedrático de Medicina Legal de la USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica(SERGAS) e do Centro Nacional de Genotipado)

Título: Proxectos e ilisións (Proxectos e ilusións do Profesor Ángel Carracedo)

Conexión:

https://youtu.be/Ud4m4xNhJ7c

 Canle  Youtube  da  USC:

 https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC          

 

ACTO CLAUSURA

xoves, 25 de marzo, de 18:00 a 19:00h.

Conferencia:

Erica Esmorís (Escritora e Veterinaria)

Título: Non hai punto e final. (elexir unha carreira e formación é importante pero non determinante ao longo dunha vida profesional)

Clausura polo reitor da USC

Conexión:ENLACE

 

Entradas populares de este blog

AUTOORIENTACIÓN 2º DE BAC - EL ORIENTA

INTELIGENCIA EMOCIONAL Y MUNDO LABORAL