Guías de Información académica e profesional 19/20 Estimado alumnado e familias As orientadoras do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes achegámosvos dúas guías de Orientación que esperamos sexan do voso interese: A primeira: Información académica bacharelato Ofrece información sobre a optatividade no Bac, sobre as materias que ponderan para o acceso ao grao desexado, sobre as notas de corte no SUG, sobre a ABAU, sobre os ciclos formativos de grao superior e o acceso, dende os mesmos, á Universidade, sobre as ensinanzas especiais, sobre as universidades en España... É especialmente útil para o alumnado de 4º da ESO , para axudarvos a escoller a modalidade de Bacharelato e as optativas más axeitadas en función das vosas características persoais (autocoñecemento) e do que tedes pensado estudiar ao rematar o Bacharelato. No mesmo sentido é conveniente para o alumnado de 3º da ESO , para realizar un itinerario en 4º acorde coa modalidade de Bac que pensades estudiar. Por suposto