Entradas

AUTOORIENTACIÓN A autoorientación en tempos de confinamento por Covid-19 pode ser un recurso valioso, e non só para agora, senón para dotarnos a longo prazo de estratexias que nos permitan ser autónomos buscando información e utilizándoa no noso proxecto de vida . É certo que a falta de acompañamento profesional directo pode ser un hándicap, pero á vez pode ser un acicate para aprender novas estratexias na vida. Os momentos de crise, ben aproveitados, poden ser unha oportunidade valiosa para aprender parándonos a pensar cales son as nosas prioridades e reinventándonos. Nas nosas máns está aproveitala ou deixala pasar e incluso caer no desánimo. Eu espero que isto último non vos pase e que á volta me contedes con ilusión o que aprendestedes neste período de confinamento, e o que descubristedes de vós mesmos. Canto mellor sexa o voso autocoñecemento, mellor será a vosa elección académica e profesional, e a vosa adaptación no resto de eidos da vida: persoal (con vós me...

https://reforzoludico.blogspot.com/

Ola familias e alumnado do programa Refórza-T . Déixovos o enlace ao Blog que para o alumnado deste programa, no noso Centro, elaborou a miña compañeira Ana López . Espero que aproveitedes para repasar, aprender e mellorar as vosas competencias de xeito lúdico. O enlace ao blog é: https://reforzoludico.blogspot.com/  Entrade! Estaredes ledos de facelo!! A continuación copio e pego o que a profesora Ana escribe na páxina principal: miércoles, 1 de abril de 2020 Hola a todos e todas, espero que todo esté indo ben. Estos días tedes que ser máis responsables ca nunca xa que debedes organizarvos e ser constantes coas vosas rutinas. O meu consello é que sigades có horario que tiñades no insti traballando có que os mandan os profes máis facendo repasos do que xa traballastes na aula. Esta situación é extraña para todos nós, a primeira vez que sucede algo así e polo tanto andamos bastante perdidos e incluso asustados, é normal. Aínda...

PRESENTACIÓN PARA TITORÍA. Programa de Resolución de conflitos dende a intelixencia emocional

Convivencia e Resolución de Conflitos dende a Intelixencia Emocional from Montserrat Pérez Castiñeira Realizado por Montserrat Pérez Castiñeira y publicado con Licencia CC BY-NC-SA Se clicas no seguinte enlace poderás consultar a  programación  de "Convivencia e resolución de conflitos dende a intelixencia emocional" para o curso 2018/2019:  Prevención da violencia dende a intelixencia emocional, a aprendizaxe das habilidades sociais, a resolución de conflitos, e a análise do sexismo nos contos tradicionais de fadas e princesas.