Xornada Virtual de Portas Abertas da UDC - xoves 8 de abril

A Universidade da Coruña (UDC) solicita a nosa colaboración para difundir esta información entre o alumnado do Centro, para que participedes activamente nesta Xornada Virtual: O vindeiro xoves 8 de abril celebraremos unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a nosa ampla oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/ , en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams. Manteremos vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama e Coñecemento, seguindo o seguinte esquema: a. Perfil de ingreso b. Por que estudar este Grao na UDC c. Contido da titulación d. Saídas profesionais e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s. O alumnado poderá: * Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é ...